Exposición «Iguais: eu vou ser… «

O domingo   3 de decembro inaugurouse no Centro Cívico de Canido a exposición “Iguais: eu vou ser…·, unha idea orixinal de Marta Sixto, con fotografías de José Pardo e formulación didáctica de Laura Fernández.

Trátase dun xogo no que o público vai descubrindo como funcionan os estereotipos de xénero cando pensamos nas actividades e profesións das persoas.

Por ela pasou xa un numeroso grupo de alumnas/os do IES Canido que, posteriormente, traballaron os seus contidos na aula. No vindeiro mes de xaneiro farán o mesmo cativos do Juan de Lángara, do San Rosendo, do Ferrol Vello e do Cruceiro de Canido.

Desde Muíño esperamos, con esta actividade, dar un paso máis na loita contra as actitudes machistas que, aínda, a día de hoxe, están tan presentes entre a nosa mocidade.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *