Homenaxe ao Mestre Gaiteiro, Compositor e Luthier Antón Varela Cachaza

O sábado 2 de decembro inaugurouse, nun emotivo acto, un espazo  do noso barrio, dedicado a Antón Varela.

Cando hai uns poucos anos publicamos en Muíño do Vento o libro Toponimia de Canido, recollemos como nome deste espazo Tras do Cemiterio. Dende onte pasa a ter, merecidamente , nome propio, Parque do Gaiteiro Antón Varela Cachaza.

No acto interviñeron o Concelleiro de Cultura, O Alcalde de Ferrol, O Presidente da Asociación Veciñal e o irmán  do homenaxeado, Pepe Varela, en representación da familia.

Todos eles coincidiron en salientar a exemplar traxectoria de Antón Varela como luthier, músico, compositor e profesor, e como home solidario implicado na sociedade. A súa figura transcende o meramente local.

E por suposto, alí estiveron as gaitas, representadas por Raparigos, cos que compartiu camiño durante tantos anos.

Este  novo Parque, cuxa denominación foi aprobada por unanimidade do Concello de Ferrol convértese en memoria viva dunha das figuras sobranceiras de Canido.

GALERÍA DE FOTOS

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *