Exposición «Iguais: eu vou ser… «
O domingo 3 de decembro inaugurouse no Centro Cívico de Canido a exposición “Iguais: eu vou ser…·, unha idea orixinal de Marta Sixto, con fotografías de José Pardo e formulación didáctica de Laura Fernández.
Trátase dun xogo no que o público vai descubrindo como funcionan os estereotipos de xénero cando pensamos nas actividades e profesións das persoas.
Por ela pasou xa un numeroso grupo de alumnas/os do IES Canido que, posteriormente, traballaron os seus contidos na aula. No vindeiro mes de xaneiro farán o mesmo cativos do Juan de Lángara, do San Rosendo, do Ferrol Vello e do Cruceiro de Canido.
Desde Muíño esperamos, con esta actividade, dar un paso máis na loita contra as actitudes machistas que, aínda, a día de hoxe, están tan presentes entre a nosa mocidade.
GALERÍA DE FOTOS