Escolla da peza do certame literario “Inventa unha flor”

O día 18 de marzo, no obradoiro de cerámica do Sánchez Aguilera, organizado polo Concello de Ferrol e dirixido pola ceramista Susana González Amado, tivo lugar a votación da que saíu a peza coa que van ser recoñecidos os 48 alumnos/as escollidos para formar cos seus traballos o libro dixital dentro do certame literario Inventa unha flor, convocado en centros educativos de Canido.

De entre os 29 bocetos presentados polo alumnado do obradoiro, o xurado declarou gañador o elaborado por Natalia Pallarés Ameneiro, un “medallón” representativo tanto do certame como da asociación que o coordina.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *