Escolla da peza do certame literario «Inventa unha flor»
O día 18 de marzo, no obradoiro de cerámica do Sánchez Aguilera, organizado polo Concello de Ferrol e dirixido pola ceramista Susana González Amado, tivo lugar a votación da que saíu a peza coa que van ser recoñecidos os 48 alumnos/as escollidos para formar cos seus traballos o libro dixital dentro do certame literario Inventa unha flor, convocado en centros educativos de Canido.
De entre os 29 bocetos presentados polo alumnado do obradoiro, o xurado declarou gañador o elaborado por Natalia Pallarés Ameneiro, un «medallón» representativo tanto do certame como da asociación que o coordina.