XI CERTAME LITERARIO ESCOLAR INVENTA UNHA FLOR

O sábado 6 de maio, a rapazada que vive ou estuda en Canido trouxo a primavera ao Centro Cívico.

Muíño do Vento organizou un ano máis a festa do Certame literario escolar Inventa unha flor. Alumnado dos centros educativos do barrio – Colexio San Rosendo, CEIP Cruceiro de Canido e IES Canido-, leu os traballos escollidos e interpretou as cancións ensaiadas en cadanseu colexio baixo a dirección do profesorado de música.

O Grupo de baile Mario Escudero abriu a festa, como vén facendo desde a primeira edición, e  as cancións do coro infantil Concerto Tempiño pechouna, nun Centro Cívico cheo de público.

Colexios, presentadores e alumnos recolleron a medalla do certame, obra da ceramista Susana González Amado, e estes últimos, ademais, un diploma acreditativo da súa participación.

Colaboraron con nós o Concello de Ferrol e a Asociación Veciñal.

Grazas ao esforzo do profesorado e ao entusiasmo do alumnado, puidemos gozar deste acto, que quere render tributo á festa dos Maios.

Mil grazas a todos a todos os participantes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *