XI CERTAME LITERARIO ESCOLAR INVENTA UNHA FLOR
O sábado 6 de maio, a rapazada que vive ou estuda en Canido trouxo a primavera ao Centro Cívico.
Muíño do Vento organizou un ano máis a festa do Certame literario escolar Inventa unha flor. Alumnado dos centros educativos do barrio – Colexio San Rosendo, CEIP Cruceiro de Canido e IES Canido-, leu os traballos escollidos e interpretou as cancións ensaiadas en cadanseu colexio baixo a dirección do profesorado de música.
O Grupo de baile Mario Escudero abriu a festa, como vén facendo desde a primeira edición, e as cancións do coro infantil Concerto Tempiño pechouna, nun Centro Cívico cheo de público.
Colexios, presentadores e alumnos recolleron a medalla do certame, obra da ceramista Susana González Amado, e estes últimos, ademais, un diploma acreditativo da súa participación.
Colaboraron con nós o Concello de Ferrol e a Asociación Veciñal.
Grazas ao esforzo do profesorado e ao entusiasmo do alumnado, puidemos gozar deste acto, que quere render tributo á festa dos Maios.
Mil grazas a todos a todos os participantes.