VISITA GUIADA AO PARQUE MUNICIPAL

VISITA GUIADA AO PARQUE MUNICIPAL

O sábado 21 de decembro realizamos unha interesante visita ao Parque Municipal guiados por Mª José Leira e Antonio Casal, de Ferrolterra Antiga. Un dos particpantes nela, Fer Ocampo, escribiu este persoal e interesante comentario no seu Facebook e amablemente nos deixou compartilo. Moitas grazas.

» Hoxe, visitei o Parque Municipal, que tanto coñece da niña infancia e xuventude, participando dunha visita guiada, organizada polas Asociacións Muinho do Vento e Ferrolterra Antiga. A profesora, bióloga e pintora María José Leira Ambros ilustróunos sobre a historia do Parque , as súas características e varias das especies existentes. Explicacións dunha experta en botánica, con numerosas publicacións sobre este tema, amenas e coa mesma sensibilidade que pon nas súas magníficas pinturas. O historiador Antonio Casal comentounos as peculiaridades da Fonte Wallace, unha das máis antigas que se conservan, regalo a Ferrol do comerciante Juan Romero, en 1889 e da urxencia de abordar a súa restauración e evitar que continúe deteriorándose.

Un Parque que, como os restantes espazos verdes da cidade, como as árbores que hai nela, merece moita máis e mellor atención. De máns de técnicos competentes e planificando cunha visión de futuro e non de políticas coxunturais.
Ainda que a chegada, hoxe, do inverno non trouxo un día moi agradable foi una mañán ben aproveitada. Grazas á organización e a Mª José Leira.»
 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *