Visita guiada ao mosteiro de S. Catalina e arredores
O día 22 de setembro, un numeroso grupo tanto de socios e socias como de simpatizantes de Muíño do Vento pasou unha xornada no mosteiro de Santa Catalina (Montefaro).
Foi un día de lecer e reivindicación do noso patrimonio. Despois dunha visita guiada polas partes máis sobranceiras do mosteiro, e do xantar que tivo lugar nun dos seus señoriais comedores, o grupo subiu ao alto da Bailadora, dende onde se contempla unha grandiosa vista da ría de Ferrol, hoxe por desgraza salferida de atentados a ese patrimonio dificilmente recuperable.