Parladoiro ao serán con N. Ramón Capotillo Leal

Ao serán do xoves 27 de xuño, desenvolvemos o V Parladoiro. O invitado, N. Ramón Capotillo Leal, foi presentado polo moderador, Eliseo Zaera, que fixo unha síntese biográfica do ponente.

Ao serán do xoves 27 de xuño, desenvolvemos o V Parladoiro. O invitado, N. Ramón Capotillo Leal, foi presentado polo moderador, Eliseo Zaera, que fixo unha síntese biográfica do ponente.

E comezou o relatorio de Capotillo expoñendo parágrafos escolmados do libro das súas memorias, aínda sen publicar. Exposición moi emocionada que partiu das lembranzas das primeiras andainas arredor de vivencias familiares. Lembranzas dos pais, da tía Concha, de Manolita, do curral de Chicha… E do medrar no barrio de Canido, barrio obreiro e labrego. Lembranzas das dificultades da vida en tempos da “Longa noite de Pedra”que, máis aló da nostalxia , aínda hoxe o paso do tempo non puido borrar. Lembranzas dos moitos traballos, os repetidos xantares (outra vez castañas!…), os poucos vagares, as continuas preocupacións dos trafegos cotiáns, do dificultoso ir indo.

Mais tamén lembranzas dunha infancia de xogo. Xogos na rúa, nas hortas, nos moitos espazos que aínda o simbiótico barrio de Canido gardaba para o lecer sen horas da rapazada. E a mocidade na Cabana, en Chamorro ou na Malata. Malata, Malata, lugar de baño, de convivio, de novas aprendizaxes, rincón sempre añorado. Cantas aventuras na Malata!

O paso do tempo. A escola. A Bazán. A loita pola Democracia. O Comité de Empresa. Os amigos. A familia. O río da vida. A poesía de A. Machado. As vellas cancións e a nova xeira na vida do barrio co novo compromiso.

Rematou o Parladoiro cun pase audivisual a xeito de resumo da vida de N. Ramón Capotillo Leal.

Novo Parladoiro e nova lección da nosa Historia, que terá continuación no VI Parladoiro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *