TREBOADA NOITE DE SAN XOÁN
TREBOADA NOITE DE SAN XOÁN
Na noite do 23 de xuño , organizada pola Asociación veciñal de Canido, coa colaboración de Muíño do Vento e o Padroado de Narón, a Treboada e o seu pasarrúas voltou a percorrer o barrio alto.
Acompañados dun tronco de árbore (Emilio), que como cada ano nesta noite sorpréndenos cun novo disfrace inventado e confeccionado por el mesmo, interpretaron dúas pezas propias dunha treboada, máis unha corrida ((muiñeira & pasodobre)).
Gozamos dunha agradable noite de verán, unha noite máxica de San Xoán que contou coa numerosa participación alegre e resolta da veciñanza .
Grazas a todos por facer barrio. Até o vindeiro ano!!
Aquí tedes unha galería de imaxes e un video
IMAXES