PRESENTACIÓN DO POEMARIO EX-CENTRÍCAS

PRESENTACIÓN DO POEMARIO EX-CENTRÍCAS

O pasado luns, día 12 de xuño, no Centro Cívico de Canido, abriuse una porta á excentricidade. Da man das poetas Sara Villar e Ánxela Lema, reflexionamos a través das páxinas do seu poemario ex -céntricas, sobre a necesidade de abandonar o común, de saírse do centro e de perder o medo á diferenza.
Alén disto, tivemos a sorte de escoitalas recitar una magnífica reelaboración do libro feita novamente, coma a súa obra, a catro mans. Nela permitíronos saltar, acompañadas das súas voces, entre os distintos textos, reparando nalgunhas das ideas máis excéntricas como: a corpografía, o amorfoulia ou nosa propia gramática.
Animádevos a vivir a experiencia! Abride a porta de saída do centro! Facédevos co seu libro.
Non vos ides arrepentir de terdes a vosa propia porta cara o mundo da excentricidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *