Presentación do libro «Lembranzas desde o silencio» por Enrique Barrera
O venres 14 de febreiro, na sede do Ateneo Ferrolán, tivo lugar a presentación do libro Lembranzas desde o silencio, promovido pola nosa asociación e coa autoría do historiador Enrique Barrera.
Rafael Aguirrebengoa, no nome de Muíño do Vento; o autor, Enrique Barrera, e Marichi Cuadrado, como filla dun represaliado, fixeron, nesa orde, a presentación ás persoas que encheron o salón de actos. Foi un acto emotivo que na súa parte final contou coa participación do público. Nestas intervencións, púxose de manifesto a necesidade de non esquecer estes sucesos, e fíxose unha moi sentida homenaxe ás persoas que os sufriron.