PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN CORTIZAS «PALABRAS COMO MOSCAS»

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE ANTÓN CORTIZAS «PALABRAS COMO MOSCAS»

O 12 de decembro presentouse no Centro Cívico Canido o libro «Palabras como moscas» de Antón Cortizas. Recollemos aquí o comentario do acto enviado por un dos asistentes á Asociación Veciñal.

A presentación do libro foi a cargo da escritora Ana Varela. O que pretendía ser un dialogo entr ámbolos dous, pasou a ser case un monologo cun agasallo de emocións por parte de Antón Cortizas.

Escoitar presentar un libro con esa fluidez ecandidez por parte dunha persoa tan madura e asisada, foi un luxo.

Dalgunha maneira e sen saber nada das historias, pequenos relatos, que enchen as páxinas do libro, Antón fainos participar ao público asistente do mesmo libro e consegue que recordemos que as nosas existencias dependen da nosa infancia, das nosas lembranzas e nos obriga a recapacitar sobre a necesidade de non evitar a presenza dos nenos que levamos dentro.

A súa charla amena e chea de contos fai esquecer o tempo e obrígache a sorrir mentres che fai lembrar momentos da túa propia infancia.

O dominio da linguaxe e o uso de palabras xa esquecidas no uso cotiá, consegue que pensemos en recuperar moita da comunicación esquecida.

Remata a súa charla cun fermoso agasallo cheo de xogo e segundas intencións: fixo voar avión de papel cunha mensaxe tebra e sincera:

“ Unha mosca dixo a outra

polo furado da porta:

-Ti goberna a túa vida,

que a miña nada che importa.

E a mosca respodeulle,

abaneando moito as ás:

-Só quería desearche

FELIZ ANO E BON NADAL!”

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *