NOVOS MODELOS URBANOS: A RECICLAXE DOS BARRIOS
NOVOS MODELOS URBANOS: A RECICLAXE DOS BARRIOS
Este venres 13 de decembro tivo lugar no Centro Cívico de Canido unha nova sesión do Ciclo «O barrio é noso» no que de novo a temática estivo centrada no desenvolvemento urbano e na accesibilidade da vivenda. Esta conversas organizadas conxuntamento pola Asociación Veciñal de Canido e a ASC Muíño do Vento, naceron en abril deste ano co obxectivo de seguir avanzado no debate e análises de diversas problemáticas dos entornos urbanos, especialmente dos barrios.
Nesta ocasión o convidado foi Antonio García Fernández, que nos viña a presentar a súa Reciclaxe dos Barrios, un modelo que busca mudar a faciana dos barrios, mellorara a vida da veciñanza, pero sen precisar consumir novos recursos ou máis solo. O convidado é doutor arquitecto e experto na problemática da vivenda e modelos urbanos. Socio fundador de Arquitectura sen fronteiras, actualmente combina o seu traballo como arquitecto xunto a súa faceta de editor Edicións-espontáneas, adicado á investigación sobre a vivenda e a transformación do territorio.
A intención das entidades organizadoras é continuar con este traballo para construir un espazo de reflexión crítica sobre o barrio que queremos, pero tamén para atender demandas urxentes como pode ser o tema da vivenda ou da mobilidade. #OBarrioÉNoso