Palestra de San Xoán
O día 23 de xuño celebramos a Noite de San Xoán cunha charla que deu o benquerido socio Antón Cortizas na Sociedade Deportiva e Recreativa Canido, no que foi o noso primeiro acto de lecer como asociación.
Despois de escoitarmos con atención a manchea de datos interesantes que Antón nos transmitiu, e como paso previo ao ritual de purificación individual das fogueiras e mais das herbas de San Xoán, fixemos un ritual colectivo que, sen dúbida ningunha, nos vai protexer nesta andaina que ali iniciamos.