Obradoiro de Teatro » O futuro»

Este sábado 16 de xuño, o Obradoiro de Teatro Muíño do Vento, puxo en escena unha versión libre de Agustín Bolaños do entremés de Miguel de Cervantes  “Retablo de las maravillas”.

O centro cívico Torrente Ballester encheuse de público que gozou coa deliciosa e simpática actuación das entusiastas e entregadas actrices.

A pesares dos séculos que xa contemplan esta obra, grazas ao traballo impecable na dirección da profesora Chus Prieto e aos arranxos levados a cabo por ela, as actrices de Muíño deleitáronnos facendo desta unha obra totalmente actual co gallo da corrupción política.

Noraboa ao Obradoiro de Teatro, e a seguir gozando dos escenarios e facéndonos pasar tardes moi agradables.

Grazas.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *