«O BARRIO É NOSO»: O MODELO DE MOBILIDADE NOS NOSOS BARRIOS

UNHA NOVA SESIÓN DE «O BARRIO É NOSO» NO QUE SE TRATARON OS PROBLEMAS DE MOBILIDADE NOS NOSOS BARRIOS

Este pasado venres 9 de maio, no Centro Cívido de Canido ás 19.30 horas tivo lugar unha nova sesión de «O Barrio é Noso», no que se trataron cuestións relacionadas co modelo de mobilidade e as novas alternativas, para facer cidades máis sostibles e deseñadas para as persoas. Esta palestra como en anteriores ocasións foi organizada conxuntamente pola Asociación Veciñal de Canido e a ASC Muíño do Vento.

A convidada nesta ocasión foi Cristina García Fontán, doutora en arquitectura e docente na UDC, ademais de experta en hábitat, sostenibilidade e cooperación. Na palestra tratáronse temas como as iniciativas de peonización, os medios alternativos de transporte, as sendas verdes nas cidades ou deseño de liñas de transporte público.

Esta palestra encádrase dentro do programa de actividades do O BARRIO É NOSO, no que queremos poñer o foco en problemáticas actuais dos barrios como é o caso da vivenda, deseño urbano, rehabilitación, desenvovlemento sostible das cidades ou mobilidade. #OBARRIOÉNOSO

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *