I Muiñada Folieira

O pasado venres 5  Muíño do Vento celebrou a I Muiñada Folieira.
Foi unha noite agradable, festiva e falangueira, chea de boa música da Terra e mellor compaña.
A festa foi tal, por mor da boa execución da seguinte receita
Ingredientes:

  • Música:
    • Agarimo de Catabois.
    • Cantareiras de Buxainas de Cedeira.
    • Os Feroces da galgueira das Pontes.
    • Andarivel do Ortegal.
  • Cea:
    • Rica paella elaborada no lugar e no momento.
    • Bebidas axeitadas, cervexa, viño, licores….

Remexer todos os ingredientes no patio do Centro Cívico, compartir con toda a boa xente que por alí pase, engadir un chisco de baile e un algo de faladoiro e servir……

Vémonos na próxima!!

 

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *