IV Econtros audiovisuais no Muíño
O IV Encontros Audiovisuais no Muíño aconteceu o xoves 11/10/2018 ás 19:30 no Centro Cívico de Canido.
Como nos anos anteriores intentamos achegar aos veciños do barrio traballos en curtametraxe de persoas senlleiras de Galicia cuxas obras son importantes de coñecer e seguir. Así mesmo, quixemos dar cabida as curtas salientables que dalgún xeito tivesen que ver co barrio ou realizadas por persoas da bisbarra ou que se produciron nela, para dar a coñecer as obras da nosa proximidade máis inmediata.
A programación deseñouse mesturando a proxección tanto de curtas convencionais con imaxes reais con curtas de animación.
As dúas curtas de animación foron:
1977 da ferrolá Peque Varela que actualmente traballa en Londres https://elpais.com/diario/2008/01/15/galicia/1200395902_850215.html.
Neverending Wall de Silvia Carpizo contando na produción coa tamén ferrolá Chelo Loureiro con ampla traxectoria na industria audiovisual galega http://www.abano.es.
Proxectouse a curta O salvaxe leva o seu tempo de Oliver Laxe que participou na Chanfaina Lab de San Sadurniño 2017. Entre outros méritos Oliver Laxe gañou o premio FIPRESCI da Quincena de Realizadores de Cannes 2010 coa película Todos vós sodes capitáns https://en.wikipedia.org/wiki/Oliver_Laxe.
As tres curtas de ficción que se proxectaron foron:
A ponte é a ponte dirixida polo ferrolán Carlos A. Quirós, tamén cunha ampla traxectoria tanto en curtas de ficción como videoclips http://www.cuerdafloja.es.
Einstein-Rosen de Olga Osorio, premio Mestre Mateo 2017 á Mellor Curtametraxe entre outros moitos galardóns https://olgaosorio.com/einstein-rosen/list-of-awards-and-selections.
Matria de Álvaro Gago, Short Film Grand Jury Prize no Sundance Film Festival 2018 e Mestre Mateo 2018 á Mellor Curtametraxe entre outros moitos recoñecementos https://www.alvarogago.com/matria.
GALERÍA DE FOTOS