HOMENAXE DO TECIDO ASOCIATIVO DO BARRIO DE CANIDO ÁS MULLERES “AS BRAVAS”
O pasado mércores 13 de maio, no local da Sociedade Recreativa e Deportiva de Canido, tivo lugar o cumprido e debido homenaxe as nosas “mulleres bravas”.
O acto estaba previsto que se celebrara no marco dos Maios, mais tivo que aprazarse por mor do falecemento da nosa Maru Seoane, a quen se homenaxeou xunto a Virucha, María Jesús, Maru Fernández, Chitola, Rosita, Tere, Tita Martínez, Lola Landeira, Gelines, Carolina e Carmen.
O tecido asociativo de Canido destacou a traxectoria e a contribución deste grupo de mulleres ao seu barrio, do que poden dar conta da orixe de numerosas celebracións ou costumes que a día de hoxe son identitarios.
No acto entregouse unha placa conmemorativa a cada una delas como agradecemento e recoñecemento de todo o barrio. O acto celebrouse acompañado dunha chocolatada interxeneracional.
