Homenaxe ao mestre Juan García Niebla

Emotiva homenaxe a que o Concello de Ferrol, coa colaboración da Asociación de Veciños da Graña e a asociación Muíño do Vento, tributou o día 11 de marzo ao mestre Juan García Niebla.

Foi no local social da A.VV. da Graña, onde familiares e veciños escoitaron as palabras do alcalde de Ferrol, Jorge Suárez; da presidenta da Asociación, Azucena Muíños; do escritor Antón Cortizas, e do historiador Guillermo Llorca, que pronunciou unha conferencia sobre a vida do homenaxeado, seguindo o traballo da súa autoría, editado por Muíño do Vento, Juan García Niebla: entre a innovación pedagóxica e o compromiso cidadán. Destacou Llorca a traxectoria vital de García Niebla e o seu compromiso cun ensino innovador, libre e amante da Natureza, compromiso que só o Levantamento de 1936 puido romper. José Feal Vázquez, en representación dos familiares, recolleu das mans do alcalde de Ferrol unha placa comemorativa do acto.

Previamente, no parque da Graña, foi plantado un carballo e descuberta unha placa na que o Pobo de Ferrol quere deixar memoria de quen foi un mestre exemplar.

GALERÍA DE FOTOS

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *