Documental «A pegada dos avós» por Paulino Gasalla

O xoves 27 de marzo, no local da Sociedade Galega de Historia Natural, tivemos a oportunidade de ver o documental  «A Pegada dos Avós», no que se amosa a experiencia vivida por un grupo de estudantes de bacharelato que investiga a xeración que coñeceu o golpe militar de 1936.

 Partindo da escasa ou nula información que tiñan sobre o tema, os rapaces e rapazas escollen a historia de José Villaverde e de Amada García, dúas vítimas daqueles feitos. A dureza dos seus descubrimentos fará que tomen conciencia das inxustizas que se cometeron, sobre todo ao saberen aspectos concretos dos dous casos por medio de familiares directos.

Paulino Gasalla, coordinador da Sociedade Galega de Historia Natural, fixo a presentación do documental, do que é director Xosé Abad.

«A pegada dos avós» gaña o primeiro premio no VIII Encuentro Hispanoamericano de Cine Y Video Independiente-Contra el Silencio Todas as Voces. Entre 521 películas presentadas e 194 seleccionadas.

En palabras de Adolfo Gumicio membro do xurado «No tuvimos mayores dificultades para ponernos de acuerdo sobre las obras que preferiamos. Decidimos otorgar el premio a la pelicula gallega «La huella de los abuelos» de Xosé Abad y menciones a Montaje: «Caso bombas» realización colectiva del Canal Barrial 3 (Chile) y a Javier Sicilia, en «La soledad del otro» de Luisa Riley (México).

Mellor Documental na categoría «Movementos Sociais e Organización Cidadá».

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *