Homenaxe a Xabier Sóñara na SGHN
O sábado 1 de abril, a Sociedade Galega de Historia Natural dedicoulle unha homenaxe ao seu socio o biólogo ferrolán Xabier Sóñara Gómez, falecido en 1996.
O escritor Antón Cortizas Amado, amigo do homenaxeado, leu poemas da súa autoría, recollidos no libro Nos páramos da Lúa, que publicou a asociación Muíño do Vento co patrocinio do Concello de ferrol e se deu a coñecer neste acto.