Dificultades de aprendizaxe: disgrafía, discalculia e dislexia
O xoves 11 de xuño, tivo lugar unha charla no salón de actos do CEIP Cruceiro de Canido, baixo o títuloDificultades de aprendizaxe: disgrafía, discalculia e dislexia.
Foron as relatoras as psicólogas Alejandra Prieto Lago e Sofía Bellón Yáñez, e a psicopedagoga e mestra de Educación Infantil Anabel Pérez Romero. Ademais das características que presentan estas dificultades, e que van permitir detectalas nas diferentes idades, incidiuse na necesidade de que a Administración dote os centros educativos dos medios de apoio que axuden o alumnado afectado.
Agradecemos aos centros educativos de Canido -CEIP Cruceiro de Canido, IES Canido, CEIP Juan de Lángara e Colexio San Rosendo- a súa colaboración na organización e difusión deste acto.