CICLO “O BARRIO É NOSO”: O DEREITO Á VIVIENDA E A TURISTIFICACIÓN
UNHA NOVA EDICIÓN DO CICLO “O BARRIO É NOSO” CENTRADO NO DEREITO Á VIVIENDA E NA TURISTIFICACIÓN
O pasado 18 de setembro tivo lugar no Centro Cívico de Canido centrado nesta ocasión no Dereito á vivienda e do risco para os barrios da turistificación. Esta actividade organizada pola ASC Muíño do Vento e da Asociación Veciñal de Canido en colaboración con Radio Filispim nesta ocasión foi unha mesa redonda centrada nesa cuestión.
Para esta mesa contouse coa presenza de Iago Lestegás (concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica de Santiago de Comostela), Ramón Montero Cereijo (Arquitecto e experto en Edificación e Rehabilitación) e Eduardo Alonso Lois (Arquitecto, coordinador xeral da COAG), que aportaron a visión sobre esta problemática dende as súas diferentes perspectivas profesionais.
A actividade tivo unha grande acollida por parte do público e ademais do dereito á vivienda, falouse sobre as posibilidades regulamentarias fronte a turistificación e xentrificación, o papel dos concellos ou como teñen lugar eses procesos e como afectan a vida dos barrios e do propio tecido comunitario.
Tamen lembrouse que en setembro de 2024 da man da intrabarrial presentouse unha moción defendida no pleno polo BNG e por FEC para a declaración da zona tensionada do noso barrio. A moción contou coa oposición do PP coa súa maioría aínda que se acordou facer un estudo sobre a situación da vivienda da cidade que aínda non tivo traducción na realidade.
