Charla «Xan Viaño: mais aló da vangarda musical»
O mércores 18 de novembro, na sede da Sociedade Galega de Historia Natural, o músico e investigador Lucinio Medel Iglesias falounos de Xan Viaño (Xoan Alfonso Viaño Martínez; 1960-1991), músico ferrolán ao que unha morte prematura impediu alcanzar as cotas que a súa música permite adiviñar.
O relator incidiu na necesidade de que as institucións dean a coñecer ao público a vida e a obra de Xan Viaño, así como de que se interpreten as moitas composicións que, aínda hoxe, non saíron da partitura. A súa obra consérvase no conservatorio de música de Ferrol, que leva o seu nome.
Presentou o acto Sari Alabau.