CHARLA: É SEGURA A ENERXÍA NUCLEAR?
CHARLA: É SEGURA A ENERXÍA NUCLEAR?
Este mércores 11 de xuño tivo lugar na asociación cultural Muiño de Vento e coa colaboración da AA.VV. de Canido a charla “É segura a enerxía nuclear”?
O mércores 11 de xuño, a asociación cultural Muiño de Vento, en colaboración coa Asociación de Veciños de Canido, acolleu unha charla de grande interese e actualidade baixo o título «É segura a enerxía nuclear?».
O acto contou cun público abundante, reflexo do interese que esperta esta cuestión no contexto actual de transición enerxética e preocupación medioambiental. A sesión foi presentada por Rafael Aguirrebengoa e tivo como relatores principais a Camilo Casal e Juan Oruezabala, que centraron as súas intervencións nos riscos asociados ao uso da enerxía nuclear, analizando os seus perigos potenciais, implicacións ambientais e sociais, así como as limitacións dun modelo que segue xerando debate.
A continuación, recóllese un breve resumo das ideas principais abordadas durante o encontro:
Solucionáronse os problemas de seguridade, a xestión dos residuos, o desmantelamento das centrais nucleares, a proliferación de armas nucleares,?. É una enerxía limpa como nos queren facer crer os defensores desta opción?.
De repente, aproveitando o apagón sufrido en España o 28 de abril, álzanse algunas voces alentadas polas empresas (Naturgy, Endesa, Iberdrola, EDF) e algúns partidos políticos como PP e VOX que o peche das nucleares pactadas en 2019 entre as empresas e o goberno vai ser una catástrofe para os consumidores que verán incrementado o custo do recibo da luz.
Queren manter operativa unha infraestructura que non é necesaria, perigosa, e xera residuos que non podemos controlar. O parque nuclear español é vello xerando altos custos de mantemento e risco de accidentes.
Nos cremos que as nucleares privatizan os beneficios e socializan as perigos. É irracional respaldar esta enerxía tras os accidentes sucedidos nas C.N. de EE.UU., Rusía, Ucrania, Francia, Xapón, España… con consecuencias devastadoras para a poboación e o medio ambiente, con zonas que quedarán contaminadas por centos e miles de anos pola expulsión de residuos de alta actividade para os que non se atopan solucións definitivas e seguras.
Temos solucións e recambio para sustituir a enerxía nuclear.
O informe da industria nuclear mundial (WNISR, polas suas siglas en inglés) pon de manifesto que actualmente as enerxías renovabeis son mais competitivas ca enerxía nuclear.
2024 foi outro ano de récords para a xeración de electricidade con enerxías renovables. As enerxías limpas superaron á suma da xeración nuclear e fósil tres de cada catro días do pasado exercicio: máis do 75% do total, unha porcentaxe sen precedentes, como mostra a análise dos datos do operador do sistema Rede Eléctrica de España (REE).
Os datos falan por si sos, e temos o exemplo dun país como Alemaña que no ano 2023 pechou as súas centrais nucleares e no ano 2024 baixou o prezo da electricidade un 16,4% según publica a revista “Energías Renovables”.
https://www.energias-renovables.com/panorama/alemania-en-2024-primer-a-o-completo-20250515
No horizonte 2023- 2050 según a Axencia Internacional da Enerxía (AIE) todas as fontes de enerxía renovable en conxunto poderían aumentar a súa participación do 30 ao 83 por cento.
Podemos concluir que:
- Poucas veces se fala do custo real que supón a enerxía nuclear.
- A diferenza doutros impostos xerais, os específicos sobre a enerxía nuclear non van destinados a servizos públicos como a sanidade, a educación, servicios sociais ou a construción de estradas… senón á creación dun fondo (nunca suficiente) que servirá para financiar o seu desmantelamento cando deixen de estar operativas.
- As solucións actuais de cara a procesar os resíduos nucleares son temporais, cun horizonte de 100 anos. Pode parecer moito tempo, pero é unha cifra insignificante se se compara coas decenas de miles de anos nos que estes resíduos (de alta actividade) seguirán sendo perigosos. Non falamos de 100, senón de máis de 30.000 ata 1.000.000 de anos.