CERTAME TEATRAL LABARTA POSE

CERTAME TEATRAL LABARTA POSE

 

O grupo de teatro Muíñeiras do Vento tivo dobre cita co escenario en Zas, e volvemos para contalo cheas de alegría.

O sábado 24 de maio participamos no Certame Teatral Labarta Pose, organizado polo Concello de Zas, nunha edición moi especial na que se conmemoraba o centenario do escritor Labarta Pose, natural de Baio.

E o sábado 31… tocou volver! Esta vez para a entrega de premios, onde tivemos unha sorpresa ben bonita: terceiro premio entre cinco grupos participantes. Un recoñecemento que nos enche de orgullo e ganas de seguir creando.

Pero iso non foi todo: desfrutamos dunha tarde chea de teatro e convivencia, coa estrea da obra O home do sofá da Escola Municipal de Teatro, e unha merenda-convivio que puxo o broche perfecto á xornada.

Grazas á organización e a todos os grupos por compartir arte, risas e tantas emocións enriba (e debaixo) do escenario. Seguimos facendo camiño, con moita escena e corazón.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *