CELEBRACIÓN DO DÍA DOS MORTOS E SAMAÍN

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS MORTOS E SAMAÍN

O 31 de outubro, no Centro Cívico de Canido, e como xa ven sendo tradición, tivo lugar a celebración do Día de Mortos e o Samaín. A asociación Muíño do Vento en colaboración coa AVV de Canido, Mobilidade Humana, Asociación Cultural Ferrol Terra Antiga  e Brincamos, levaron a cabo este encontro que encheu de actividade o CC.

A tarde comezou cun roteiro para coñecer o “camiño dos mortos” no barrio da man de Asociación Cultural Ferrol Terra Antiga, que comezou en San Francisco e fixo un percorrido pola Magdalena, pasando polo Centro Torrente Ballester e accedendo ao barrio pola rúa Coruña e rematando no ceminterio de Canido, actual IES.

Pero ademais o programa contou con actividades para os máis pequenos, con obradoiros de Alebrixe ou de Zonchos e Cabazas. Tamén houbo lugar para achegarnos a outros xeitos de celebrar este día noutros países co encontro gastronómico da diversidade, pintado da cara de catrina ou a preparación e montaxe dun altar mexicano. Tiveron espazo tamén as lendas e tradicións propias deste día de mortos na nosa terra.

As actividades remataron no Cruceiro de Canido, onde foron colocadas os calacús e cabazas que fixeron os nenos e nenas durante os obradoiros, para alonxar aos malos espíritus do barrio.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *