CELEBRACIÓN DO ANIVERSARIO DE MUÍÑO DO VENTO E DO 25 DE ABRIL
CELEBRACIÓN DO ANIVERSARIO DE MUÍÑO DO VENTO E DO 25 DE ABRIL
Como cada 25 de abril, a nosa Asociación celebrou algúns actos de conmemoración do seu nacemento. E algúns deles, como xa ven sendo tradición, estiveron vinculados á lembranza do 25 de abril.
Viñamos de presentar o libro “A Revolução dos cravos pretos” de Xoán López e Rafa Agurrebengoa, e de dedicar o noso programa radiado semanal “Unha tarde no Muínho” do luns 22 a lembrar ese 25 de abril de 1974 en Portugal.
Rematamos o acto saíndo do Centro Cívico, dirixíndonos ao Xardín do 25 de Abril e cantando, o Grândola, Vila morena. Canción que serviu de contrasinal para iniciar o levantamento contra o réxime fascista portugués hai xa 49 anos.
25 de Abril, sempre! Fascismo, nunca mais!