CELEBRACIÓN DO 25 DE ABRIL
CELEBRACIÓN DO 25 DE ABRIL
O 25 de abril Muíño do Vento celebrou , como ven sendo habitual, o seu aniversario . E xusto a nosa data fundacional coincide co día que representa para o mundo a caída da ditadura en Portugal. Un día que, na memoria colectiva de moitas e moitos de nós, supuxo una porta de esperanza.
Este ano sumáronse a nosa celebración as xentes de Xeración que nos recordaron que a liberación do fascismo en Italia prodiucise o mesmo día, aínda que en anos distintos.
Nun tempo no que a memoria histórica é cuestionada e os valores democráticos ás veces se dan por supostos, o 25 de abril recórdanos que a liberdade non é un feito garantido, senón unha conquista que debe ser defendida cada día.
Baixo o título LIBRES TOD@S o acto consistiu na presentación dunha exposición fotográfica, na lectura de textos, no canto coral nos xardins 25 de Abril do Grándoia, Vila Morena e do Bella Ciao. Rematou cunha cea-convivio no Centro Cívico Canido.
Desde aquí queremos mostrar o noso agradecemento a toda a xente, é foi moita, que participou nesta celebración. Tamén as numerosas persoas que co seu traballo desinteresado fixeron posible esta festa conxunta.
O acto foi unha invitación a construir un mundo baseado non só no mercado, senón na memoria compartida, na loita pola liberdade e no compromiso contra calquera forma de autoritarismo.
25 DE ABRIL, SEMPRE!!!
EXPOSICIÓN E LECTURAS
XARDÍN 25 DE ABRIL
CEA – CONVIVIO