Cea Fin de Ano
O pasado sábado 16, @s Muiñeir@s celebramos a cea de fin de ano coa que danse por practicamente rematadas as actividades do ano en curso, así como o comezo do merecido descanso, até despois do dia de San Xiao, dos obradoiros-escolas da nosa asociación.
Nesta cea tivemos a sorte de contar coa presenza da fabulosa Corrala Poliafónica do Aturuxo de Melpóneme, a cal nos agasallou cunha actuación impresionante, facéndonos gozar enormemente contaxiándonos o seu bo humor e as súas gañas de pasalo ben. Gozamos e rimos a gargalladas co seu bo quefacer.
Queremos agradecer ao muiñeiro Juan Oruezabala o seu convite para podermos utilizar Fame Neghra, que foi o local da celebración. Por suposto non nos esquecemos da muiñeira María de “Xinzo”, que tan pronto soubo da imposibilidade da presenza de Juan, por motivos de saúde, púxose mans a obra e practicamente ela soa organizou a parte culinaria da cea, incluída a propia preparación. Tampouco queremos esquecernos d@s pinches que en todo momento axudaron na cociña ou no resto da preparación do festexo: Carmen Cuesta, Gelis, María José, Marisol, Esther, Javier, Antonio.
Agradecementos especiais a Lolo Varela, presidente da asociación gastronómica Fame Neghra, por cedernos xentilmente o local, ademais de darnos todo tipo de facilidades. Unha aperta de agradecemento, Lolo.
Pois alí gozamos muiñeiras e muiñeiros dunha divertidísima actuación, dunha riquísima cea e sobre todo da mellor das compañías………….as d@s muiñeir@s.
Parabéns, e que non pare a festa!!.
GALERÍA DE FOTOS