Cea aniversario 25 de abril

Unha noite no Muíño

Unha noite…

Unha noite… pode ser un fermoso encontro fraternal e solidario. E así foi a noite do 26 de Abril na que as xentes da ASC Muíño do Vento celebramos o noso aniversario. Encontro fraternal e solidario, no Centro Cívico de Canido. Por unha banda o Mar da Malata, pola outra a Terra de Canido e polo Vento ducias de cancións que agromaban de xeito libre dende o comezo ata o remate, xa ven entrada a noite.

Saúdos afectuosos e aperitivos na barra con balbordo de conversas . E tamén, como sempre ou como case sempre… a reflexión ventureira sobre Nós, sobre a ASC Muíño do Vento. Sobre a nosa fundación nun 25 de Abril de 2012, sobre o  traballo arreo nestes sete anos e sobre a necesidade de acadar novos pulos e arelas para seguir en vindeiras muiñadas.

E ven a  hora de achegarse a unha atractiva  mesa. De vagar, novas conversas, xeralizados agradecementos a compañeiras e compañeiros que foron quen de organizar tanta exquisitez. E  pouco e pouco o xurdir de propósitos, risas e brincadeiras , de cantos , de festa. Cantos de Abril que comezan con Grandola, van ata Fisterra, Camariñas, …para dar paso ao canto popular espontáneo con remate en Canido: “ Fun onte a Canido, mañá volverei”. Polo medio a sorpresa da chegada da agrupación Quenindiole que nos agasallou coa interpretación da súa fermosa música tradicional.

Despedida con novos cantos e contos e a satisfacción de ter reconvertida a copla popular:

Unha noite no Muíño

Unha noite …

Unha noite foi un fermoso encontro fraternal e solidario.

Canido, Abril 2019.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *