CANIDO INAUGURA AS ACTIVIDADES DO SAMAÍN COA EXPOSICIÓN «LETRAS GALEGAS PARA A ETERNIDADE: EPITAFIOS DA COSTA ÁRTABRA”

CANIDO INAUGURA AS ACTIVIDADES DO SAMAÍN COA EXPOSICIÓN “ LETRAS GALEGAS PARA A ETERNIDADE: EPITAFIOS DA COSTA ÁRTABRA”

Esta pasado 23 de outubro tivo lugar no Centro Cívico de Canido a inauguración da Exposición Letras Galegas para a eternidade: epitafios da Costa Ártabra”. Ademais a actividade estivo complementada por unha Mesa Redonda na que participaron Emma Pedreira antropóloga e  e autora de “As horas mortas” e tamén Bernardo Penabade coordinador do proxecto Palabra e Memoria.

A realización da actividade contou coa colaboración de Exper.Turs (Grupo de Investigación Experiencia Turística da Universidade da Coruña), do Concello de Ferrol e da Deputación da Coruña, así como a Asociación Veciñal de Canido e a ASC Muíño do Vento.

A actividade estivo dirixida á cidadanía, asociacións, entidades sociais e axentes comunitarios, constituíndo unha acción de sensibilización, divulgación e promoción da lingua galega no ámbito social e comunitario. Tratouse dunha actividade aberta ao público de difusión dos resultados do proxecto «Palabra e Memoria», un proxecto de intervención socioeducativa orientado á promoción e normalización da lingua galega, favorecendo a transferencia de coñecemento e o diálogo entre a comunidade, as entidades sociais e os distintos axentes implicados.

A exposición poderase visitar dende este pasado 23 de outubro ata o 2 de novembro de 2026 na Sala de Exposicións do Centro Cívico de Canido.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *