CAMPAÑA DE SOLIEDARIEDADE INTERNACIONAL CON PALESTINA
CAMPAÑA DE SOLIEDARIEDADE INTERNACIONAL CON PALESTINA
A Asociación Socio-cultural Muíño do Vento, súmase á Campaña de Solidariedade Internacional de apoio ás 10 persoas activistas, voluntarias humanitarias detidas en Sirte, o pasado 24 de maio, agora presas (na realidade secuestradas) en Bengasi (Libia Oriental).
A folga de fame está a ser seguida por mais de 30 activistas e o seu obxectivo é demandar que redobren os esforzos diplomáticos para conseguir a súa liberdade.
Na actualidade, no mundo, incluídos moitos países europeos, estamos diante dun sistema de represión que pouco a pouco unifícase, contra movemento de solidariedade en favor de Palestina, sistema que temos a obriga moral e política de confrontar.
En Canido, Ferrol, no Centro Cívico, a partires do vindeiro mércores 24 de xuño, desde as 11:00 h. da mañá, o noso compañeiro Xoán López, unirase á folga de fame internacional. Muíño do Vento pon a súa disposición o espazo do que dispón para apoiar, nas mellores condicións posibles, o desenvolvemento desta acción solidaria.
Queremos que o inicio da acción estea arroupado por un grupo nutrido de persoas que manifesten a súa solidariedade coa causa palestina, defendan a liberdade das persoas secuestradas en Libia, e apoien o enorme esforzo persoal que o noso compañeiro Xoán López está disposto a desenvolver. Cóntase co apoio de Ferrol con Palestina e pronto coñeceranse doutras persoas e organizacións activistas que, sen dúbida acudirán a este acto de inicio.
Ao longo da acción, dure o que dure, organizaremos actos, mesas redondas, visitas e todo tipo de actos para dotala de contido informativo.
Asociación Socio-Cultural Muíño do Vento
Axudar aos ventos de paz, fronte aos ritmos da guerra.
Canido, 20 de xuño de 2026
