ASALTO LITERARIO
“ASALTO LITERARIO” NO CENTRO CÍVICO DE CANIDO
O pasado venres 12 de xuño tivo lugar no Centro Cívico ás 20.00 h un “asalto literario” da man de Antón Cortizas Amado e Rafael López Loureiro no que recitaron poemas dalgunhas da súas obras.
No caso de Antón Cortizas a obra elixida foi “Zoonetos” e pola súa banda Rafael López Loureiro recitou fragmentos do seu “No meu pequeno mundo”. Ambas obras moi centradas na natureza e na vida animal.
Ademais do recitado e lectura de parágrafos e declamación de sonetos polos propios autores, houbo complemento de actuación musical de Óscar Fojo que contou coa compaña de Loraira e Artai.
O acto desenvolveuse nun ambiente próximo e participativo, permitindo ás persoas asistentes achegarse á obra e á voz dos autores. A combinación de poesía, narración e música converteu a sesión nunha agradable proposta cultural que foi moi ben acollida polo público presente.
