A Festa dos Maios en Galicia

O día 3 de maio, na sede da Sociedade Galega de Historia Natural, o mestre, etnógrafo e historiador Clodio González Pérez impartiu unha conferencia titulada A festa dos Maios en Galicia.

Foi unha magnífica e amena lección sobre esta festa tradicional que o noso barrio de Canido nunca esqueceu, como pode comprobar quen se achegue a el os primeiros días de maio.

O noso convidado fixo un percorrido xeográfico e histórico por toda Galicia, cos Maios como protagonistas, e mais debullou a súa orixe e significado.

Antes do acto, membros da nosa asociación elaboraron un Maio no exterior da sede da Sociedade Galega de Historia Natural, co acompañamento musical da Quadrilha do Campo de Chao, que interpretaron dúas pezas previas ás palabras do conferenciante.

Dúas nenas de Canido, Carmen Mosquera e María Romero, cantaron tamén unha cantiga de Maio, como mostra de que as novas xeracións queren seguir vivindo esta festa.

 

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *