Representación da obra de teatro “O penúltimo tren” na residencia Mi Casa

O pasado 6 de xullo o obradoiro de teatro de Muiño do Vento puxo en escena por segunda vez a obra “O penúltimo tren”. Esta vez a representación tivo lugar na residencia “Mi Casa”, en Ferrol. Tendo o pracer de contar entre o  público co autor desta peza teatral, José Prieto.

A obra tivo unha cariñosa acollida por parte de todos os asistentes. Gozaron moito e invitaron a este grupo de teatro a volver ao seu centro para representar as próximas obras que este obradoiro vaia a estrear.

Nesta ocasión o espectáculo continuou coa actuación musical do grupo “A Cuadrilla”, sendo a maioría dos seus compoñentes integrantes de Muíño. O público moi animado, acompañou coas súas voces e palmas as cancións de música tradicional e popular galega coas que nos deleitaron.

Felicitamos á residencia  por ter un marabilloso escenario, equipo de son, luces e camerinos. E os nosos especiais agradecementos a Adriana Fernández -técnico en animación sociocultural e asistenta social- pola estupenda organización e cálida acollida que nos ofreceu en todo momento, sen ela e as facilidades que nos deu non sería posible actuar  neste centro.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *