«As trece palabras de san Xoán retornadas»

O sábado 24, día de san Xoán, no Centro Cívico de Canido, o muiñeiro Antón Cortizas Amado, falounos do san Xoán e as lendas ao redor do dia mais longo do ano, rematando con » as trece palabras de san Xoán retornadas».

“Cóntase que aló polo Cruceiro, ou a Tafona, ou as Cangrexeiras, ou Atocha….que sei eu, por algures en Canido, un poderoso señor do demo, un rico ricacho máis rico que persoa, aparecéuselle a un veciño ou veciña, de quen non lembro nin sexo nin nome, a quen quixo cativar, engaiolar e levar para o seu saco, para o seu mundo ou para a súa urna electoral, facéndolle relembrar e repetir as trece palabras de san Xoán retornadas, sabéndose que quen non é capaz de as repetir enteiras e por orde, sen erro ningún, é presa do inimigo maior. Mais a anónima persoa afectada resultou ben espelida e conseguiu vencer ao grande inimigo capitalista. Eis o resultado daquel encontro que tivo lugar na noite de san Xoán daquel ano tan anal”.

Os alí presentes fomos capaces de repetir as trece palabras de san Xoán retornadas sen erro ningún, polo que estamos salvados, por este ano, do poderoso señor do demo. Grazas a Antón Cortizas, o Bardo do Muíño.

GALERÍA DE FOTOS

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *