CAMPAÑA DE SOLIEDARIEDADE INTERNACIONAL CON PALESTINA

CAMPAÑA DE SOLIEDARIEDADE INTERNACIONAL CON PALESTINA

A Asociación Socio-cultural Muíño do Vento, súmase á Campaña de Solidariedade Internacional de apoio ás 10 persoas activistas, voluntarias humanitarias detidas en Sirte, o pasado 24 de maio, agora presas (na realidade secuestradas) en Bengasi (Libia Oriental).

A folga de fame está a ser seguida por mais de 30 activistas e o seu obxectivo é demandar que redobren os esforzos diplomáticos para conseguir a súa liberdade.

Na actualidade, no mundo, incluídos moitos países europeos, estamos diante dun sistema de represión que pouco a pouco unifícase, contra  movemento de solidariedade en favor de Palestina, sistema que temos a obriga moral e política de confrontar.

En  Canido, Ferrol, no Centro Cívico, a partires do vindeiro mércores 24 de xuño, desde as 11:00 h. da mañá, o noso compañeiro Xoán López, unirase á folga de fame internacional. Muíño do Vento pon a súa disposición o espazo do que dispón para apoiar, nas mellores condicións posibles, o desenvolvemento desta acción solidaria.

Queremos que o inicio da acción estea arroupado por un grupo nutrido de persoas que manifesten a súa solidariedade coa causa palestina, defendan a liberdade das persoas secuestradas en Libia, e apoien o enorme esforzo persoal que o noso compañeiro Xoán López está disposto a desenvolver. Cóntase co apoio de Ferrol con Palestina e pronto coñeceranse doutras persoas e organizacións activistas que, sen dúbida acudirán a este acto de inicio.

Ao longo da acción, dure o que dure, organizaremos actos, mesas redondas, visitas e todo tipo de actos para dotala de contido informativo.

Asociación Socio-Cultural Muíño do Vento

Axudar aos ventos de paz, fronte aos ritmos da guerra.

Canido, 20 de xuño de 2026

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *