HOMENAXE DO TECIDO ASOCIATIVO DO BARRIO DE CANIDO ÁS MULLERES “AS BRAVAS”

O pasado mércores 13 de maio, no local da Sociedade Recreativa e Deportiva de Canido, tivo lugar o cumprido e debido homenaxe as nosas “mulleres bravas”.

O acto estaba previsto que se celebrara no marco dos Maios, mais tivo que aprazarse por mor do falecemento da nosa Maru Seoane, a quen se homenaxeou xunto a Virucha, María Jesús, Maru Fernández, Chitola, Rosita, Tere, Tita Martínez, Lola Landeira,  Gelines, Carolina  e Carmen.

O tecido asociativo de Canido destacou a traxectoria e a contribución deste grupo de mulleres ao seu barrio, do que poden dar conta da orixe de numerosas celebracións ou costumes que a día de hoxe son identitarios.

No acto entregouse unha placa conmemorativa a cada una delas como agradecemento e recoñecemento de todo o barrio. O acto celebrouse acompañado dunha chocolatada interxeneracional.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *