Estrea do Obradoiro de Teatro
O 3 de xuño o obradoiro de teatro Muíño do Vento, representou no Centro Cívico de Canido a obra «O penúltimo tren» do autor galego José Prieto.Numerosas persoas acudiron a este encontro co teatro. Veciñanza, amizades e familiares non quixeron perderse esta representación.
O público gozou desta comedia coral onde once personaxes conseguiron sacarlles moitos risos e aplausos.
Mención especial para a profesora deste obradoiro Chus Prieto, actriz formada na Escola de Teatro de Narón. Marabillosa profesional e mellor persoa que co seu bo traballo, contaxiou aos alumnos e alumnas o seu entusiasmo, transmitíndolles todos os coñecementos e amor que ela ten por esta arte, logrando sacar o mellor de todos eles e conseguindo que actores e actrices sen experiencia, puxeran toda a súa ilusión e vontade para facer unha obra na que se mostraron os coñecementos adquiridos durante todo o curso.
Grazas tamén a Manuel Carballeira (artes gráficas) e Adrián López (perruqueiro e maquillador) pola súa profesionalidade e xenerosa colaboración.
Moitas grazas tamén a todas aquelas persoas que axudaron de diversas formas e de xeito desinteresado, contribuíndo a facer que este proxecto saíra adiante.
GALERÍA DE FOTOS
VÍDEO CON SAÚDOS FINAIS