Presentación do libro CD «Neno de Monte» de Xabier Vizcaíno
Este domingo 20 de Xuño tivo lugar a presentación do libro Cd Neno de Monte de Xabier Vizcaíno no Centro Cívico de Canido. O acto estivo organizado pola entidade veciñal, por muíño do vento e pola asociación de acordeóns.
Xabier Vizcaíno, irmán da eurovisiva Lucía Pérez nos achegou neste “Neno de Monte” unha homenaxe ao mundo rural; ás xentes, ó mar e ó monte onde reside o autor. O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias. A estes relatos danlles abrigo seis cancións con tintes acústicos moi ben engraxadas e que contan historias de monte e de mar que foron creadas en “A Palleira”, o estudo de gravación que Xabier ten en Goo, no Incio.
O acto emitido por streaming contou coa participación de Joaquín Enríquez (en representación das entidades organizadoras) así como do xornalista Isidoro Valerio; ambos desenrolaron un coloquio xunto co músico Vizcaíno que deleitou aos asistentes con varios temas do seu traballo. Así mesmo contouse coa presenza do concelleiro de cultura, Antonio Golpe e co concelleiro de seguridade, Germán Costoya en representación do Concello de Ferrol.