VOLTA O #CóntamoTi, A CANIDO CUNHA SESIÓN ADICADA A #DefendeAgalega

VOLTA O #CóntamoTi, A CANIDO CUNHA SESIÓN ADICADA A #DefendeAgalega

O pasado venres 21 de febreiro voltou ao Centro Cívico de Canido o Ciclo de Cultura Democrática «Cóntamo Ti» que nesta edición vai estar centrado nos medios de comunicación, como piar fundamental para construír unha sociedade democrática plural. A sesión inaugural tivo como protagonista á CRTVG, e concretamente  da loita que están a levar a cabo os traballadores e traballadoras do ente público. O ciclo está organizado pola ASC Muíño do Vento, Asociación Veciñal de Canido e colabora Radio Filispím.

Baixo o título de #DefendeAGalega, esta sesión contou coa presenza de dous convidados de luxo, por unha banda Alfonso Hermida xornalista de CRTVG en excedencia e Mestre Mateo de xornalismo no 2004; por outra banda Raquel Lema, presidenta do Comité Intercentros da CRTVG e xonalista con 20 anos de experiencia no ente.

Durante a sesión os dous convidados denunciaron a situación de emerxencia que se está a vivir na CRTVG (presións, censuras…) así como as novas ameazas que representan a política de externalización ou a nova Lei de Medios que chegará ao Parlamento Galego o vindeiro 11 de marzo. Os venres en negro tamén tiveron o seu lugar no acto, no que se recoñeceu o valor dos e das profesionais do ente, a pesares das represalias das que son vítimas os participantes.

O ciclo Cóntamo Ti, voltará noutra nova sesión no que os medios de comunicación seguirán sendo o tema central, co tratamento dende distintas perspectivas e convidados. 

#DefendeAgalega

#VenresNegros

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *