VI Certame literario «Inventa unha flor»

O día 5 de maio, no Centro Cívico de Canido, tivo lugar a VI festa do certame literario Inventa unha flor. Como nas anteriores edicións, o alumnado dos centros educativos do barrio -Colexio San Rosendo, CEIP Juan de Lángara, CEIP Cruceiro de Canido e IES Canido- leron os traballos cos que renderon tributo á festa dos Maios, ademais de interpretar cancións que animaron a festa, algunha creada a propósito para esta edición. Como vén facendo desde a primeira edición do certame, o grupo de baile tradicional Mario Escudero foi o encargado de abrir a festa.

Os diplomas e as medallas que se entregaron a participantes e centros educativos son, alén dun recordo da xornada, un agradecemento ao seu entusiasmo, que Muíño do Vento quere estender a todas cantas persoas achegaron o seu traballo.

BASES

LIBRO DIXITAL.

GALERÍA DE FOTOS

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *