Roteiro Concepción Arenal

CELEBRACIÓN DO II CENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL

Desde Muíño unímonos a celebración do segundo centenario do nacemento de Concepción Arenal. A nosa contribución é a elaboración,  por parte do muíñeiro e profesor de historia Orlando Jara Siguero, dun roteiro que recolle a súa relación coa cidade de Ferrol.

Trátase de poñer en valor a a figura dunha muller esencial e non suficientemente valorada en todos os ámbitos nos que traballou. Testemuña dun século historicamente convulso, pensadora infatigable na defensa dos dereitos dos menos favorecidos, teórica do dereito penal, defensora da renovación pedagóxica que se viviu no seu tempo, escritora e precursora das reivindicacións de igualdade entre homes e mulleres.

Presentamos  na nosa  web un resumo deste traballo que esperamos poda  levarse á practica cando asituación sanitaria nolo permita.

 

DIPTICO DO ROTEIRO

Preme aquí para ver o contido deste roteiro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *