Roteiro Concepción Arenal
CELEBRACIÓN DO II CENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL
Desde Muíño unímonos a celebración do segundo centenario do nacemento de Concepción Arenal. A nosa contribución é a elaboración, por parte do muíñeiro e profesor de historia Orlando Jara Siguero, dun roteiro que recolle a súa relación coa cidade de Ferrol.
Trátase de poñer en valor a a figura dunha muller esencial e non suficientemente valorada en todos os ámbitos nos que traballou. Testemuña dun século historicamente convulso, pensadora infatigable na defensa dos dereitos dos menos favorecidos, teórica do dereito penal, defensora da renovación pedagóxica que se viviu no seu tempo, escritora e precursora das reivindicacións de igualdade entre homes e mulleres.
Presentamos na nosa web un resumo deste traballo que esperamos poda levarse á practica cando asituación sanitaria nolo permita.
DIPTICO DO ROTEIRO