PRESENTACIÓN DO LIBRO PAZO DE INVERNO

PRESENTACIÓN DO LIBRO PAZO DE INVERNO

O xoves 19 de maio no Centro Cívico de Canido ás 20.00 h tivo lugar o acto da presentación do último libro de Alberto Lema, Pazo de Inverno. Na presentación estivo acompañado por Franscisco Sampedro, doutor en Filosofía e ensaista e a socióloga Celia Fernández Alvariño, muiñeira e colaboradora habitual  do programa radiofónico Unha tarde no Muíño.

Esta novela conta o que acontecería se un grupo política novo chegase ao goberno coa intención de cambiar a orde das cousas. Que relación establecerían co eles os poderes fácticos locais? Como se conciliarían os proxectos e a realidade? Serían quen de dominar a complexa maquinaria burocrática do concello dunha cidade do norte de Galicia?

Pazo de Inverno novela gañadora do Premio García Barros 2021, relata de xeito novelado o que foi a experiencia política das “Mareas”, chamadas “Primaveiras” nunha cidade ficticia que recibe o nome de Faro. Mapa dunha paisaxe social, das arelas, conflitos e intereses dunha cidade, a novela de Alberto Lema consegue personificar as dúbidas, certezas, crenzas e valores dun tempo político concreto, que mudou a paisaxe política do país.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *