PRESENTACIÓN DO LIBRO OS VERSOS DA MARIOLA DE ANTÓN CORTIZAS

PRESENTACIÓN DO LIBRO OS VERSOS DA MARIOLA DE ANTÓN CORTIZAS

O día 1 de febrero, tivemos no Centro Cívico ás 20.00 h un fermoso acto de presentación do libro editado por Embora, “Os versos da Mariola” de Antón Cortizas, que conta coas ilustracións de Andrés Meixide. Na organización do acto participaron a Asociación Sociocultural Muíño do Vento e a AV de Canido.

A presentación contou coa presenza do autor Antón Cortizas, que encheu a súa exposición de poesía e de lembranzas deses xogos tradicionais nas rúas do noso barrio. Tiveron palabras de recoñecemento para o autor tanto o director de Edicións Embora Miguel Toval, como Pilar Sampedro Martínez da Fundación Xosé Neira Vilas, que destacou a orixinalidade e a calidade deste libro.

“Os versos da mariola” reivindica o xogo tradicional a través da poesía e a ilustración. Un xogo literario sobre os vellos xogos da infancia e tamén un libro pensado para xogar coa súa lectura a través das propias ilustracións.

Esta obra recibiu o premio Arume de poesía para a infancia en 2022 da Fundación Xosé Neira Vilas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *